Feeds:
Artigos
Comentarios

¡Poyejali! 108 minutos

Este artigo foi orixinalmente publicado no meu FaceBook persoal o 12 de abril de 2011. No seu intre non recollín a bibliografía nen a webgrafía, así que pido desculpas se alguén atopa unha referencia a un texto seu sen citar.

*    *    *

Cúmprense 50 anos desque un ser humano atravesou a “derradeira fronteira” internándose no espazo exterior. Tal día coma hoxe no ano 1961 o cosmonauta Yuri Gagarin converteuse na primeira persoa en abandoar a nosa atmósfera e orbitar o planeta.

O Piloto

Yuri Alekséyevich Gagarin naceu o 9 de marzo de 1934 en Klúshino (URSS), fillo dun carpinteiro e unha leiteira, era o terceiro de catro irmáns. Foi obreiro do metal até o ano 1954, no que ingresou no aeroclube da cidade de Sarátov pra se incorporar, no ano seguinte, á Escola Militar de Pilotos de Oremburgo. Unha vez formado coma piloto, presentaríase coma candidato ao primeiro voo espacial, xa no 1959, pasando á selección final a finais do 1960.

Yuri Gagarin, primeiro cosmonauta en abandoa-la atmosfera terrestre.

Yuri Gagarin, primeiro cosmonauta en abandoa-la atmosfera terrestre.

Sometido a diversas probas e experimentos que puxeron a proba a súa resistenza física e psicolóxica, pasaría a ser o escollido coma “primeiro cosmonauta” por diante de Gherman Titov. Algunhas fontes citan que o feito de que Gagarin fora fillo de traballadores o convertía nun mellor representante do ideal comunista, fronte a Titov fillo dun mestre e provinte dunha familia de comerciantes. O certo é que os documentos oficiais desclasificados sinalan os resultados de Gagarin coma o candidato con mellores resultados en todos os test e, ademáis, non deixa de ser certo que Titov realizaría o seu propio voo orbital apenas 4 meses despois que Gagarin.

O Vehículo

O Vostok I foi o primeiro dos cohetes espaciais do programa espacial soviético pra misións tripuladas (Programa Vostok). Foi lanzado dende o Cosmódromo de Baikonur (actual Casaquistán) o 12 de abril de 1961 e aterrou (agás os módulos de lanzamento) en Tajtarova, Siberia.

Módulo orbital da nave Vostok I.

Módulo orbital da nave Vostok I.

En canto ao módulo de pilotaxe, tratábase dun pequeno receptáculo case esférico de aproximadamente 2,4 metros de diámetro máximo e 4,73 t de masa. O devandito módulo consérvase na actualidade no Museo da Cosmonáutica de Moscova.

O Voo

Ás 21:07, hora de Moscova, do 12 de abril de 1961 lanzábase, dende o Cosmódromo de Baikonur, a Vostok I levando no seu interior ao Segundo Teniente Yuri Gagarin (aterraría co rango de Maior, xa que foi ascendido durante o voo orbital), que nese intre pronunciaría a palabra ¡Poyejali! traducido coma Imos ou En marcha, e que pasaría a historia dentro das grandes citas da historia da astronáutica.

O motor RD-0109 da terceira etapa sepárase da Vostok I once minutos despois, pasándose da fase de despegue á fase orbital na cal se acadará, por vez primeira, a velocidade cósmica.

Catorce minutos despois do despegue Gagarin comunicou ao control da misión en Terra que todo trascorría con normalidade e que a falla de gravidade non semellaba ter efectos secundarios sobre o equipamento nin sobre el mesmo. Despois de orbitar o planeta sobre o Atlántico sur e comenzar a sobrevoar África, encendéronse os retro-motores, primeira fase do retorno á superficie.

Proxección da órbita descrita pola nave Vostok I.

Proxección da órbita descrita pola nave Vostok I.

Ás 22:55, mesmo fuso mencionado, o módulo de aterraxe e o propio cosmonauta separaríanse no ar pra aterrar de xeito separado con cadanseu paracaídas perto de Tajtarova, en Siberia.

Tras viaxar durante 108 minutos a unha altura media de 315 Km, acadando velocidades superiores aos 28.000 Km/h e percorrendo en total máis de 40.000 Km, Yuri Gagarin convertíase, aos 27 anos, no primeiro ser humano en abandoar o planeta e orbitalo. Así msmo, nesa única viaxe espacial, batiría os récords de altura e velocidade máximos acadados por calquera persoa até ese intre.

Carta de Ángeles (por Ángeles Seoane)

Ya sé queridos alumnos que a vuestra edad no os gustan los consejos y menos los de papá, mamá o los de la profesora de turno. Pero yo, a pesar de los pesares, me voy a permitir haceros esta semana, una pequeña sugerencia:

¿Por qué debéis leer a Miguel Hernández? A mí, sólo se me ocurre una respuesta: porque es conmovedor. A Miguel Hernández sólo se le resistirían las piedras.

Sus biógrafos le han llamado de muchas maneras: el poeta maldito, el poeta pastor, el poeta comunista, el poeta soldado, el poeta crucial. Maldito porque fue prohibida su lectura durante gran parte de la Dictadura del General Franco. Apenas lo mencionaban los libros de texto. Pero los lectores curiosos lo buscábamos y lo leíamos furtivamente en la noche cómplice y lo prestábamos al mejor amigo y así circulaba de mano en mano: como el mejor de los placeres prohibidos.

Nos emocionábamos con “Las Nanas de la Cebolla”, se nos partía el corazón con el trabajo de “El niño yuntero” y se nos desgarraba el alma con la Elegía a su joven amigo muerto, Ramón Sijé. Nos divertían sus sensuales versos de amor “para Josefina” (ella tan pudorosa y él tan intrépido, buscando sus besos). Aquella jovencita que vio una mañana en su Orihuela natal, salir de un taller de modistillas. Los rizos armoniosos del pelo de esta bella desconocida le inspiraron un soneto. Fue su primera declaración de amor.

A partir de ahí, Josefina fue su novia, su esposa, la madre de sus hijos (su eterna musa). Miguel es el amigo de los amigos, el soldado que arenga en la trinchera, el niño que apacienta el ganado de su padre mientras lee a Góngora y Quevedo. Es el padre ausente, desolado y enfermo, es el joven que va a Madrid para que alguien le diga que se puede llamar, POETA. Y en él creen todos los grandes: Dámaso, Alberti, Neruda, Bergamín, pero sobre todo Vicente Aleixandre y J. R. Jiménez (éste cuando leyó su “Elegía a Ramón Sijé”, dijo: “que no se pierda esta voz”).

Gracias por leerlo, Ángeles.

Publicado orixinalmente en: Blog da Biblioteca Saturnino Hermida.

Tres precursores da aeronáutica

Albuqásim Abbás Ibn Firnas

Nado en 810 en Korah Takrna, unha aldea próxima a Ronda (Málaga), por entón pertencente ó Emirato Omeia de Córdoba. Foi un filósofo á antiga usanza, traballando disciplinas tan diferentes coma a química, física e astronomía, anque foron as súas habilidades coma astrólogo e poeta as que lle permitiron entrar na corte de Abderramán II.

O Califato Omeia de Córdoba na súa máxima extensión (s.IX)

O Califato Omeia de Córdoba na súa máxima extensión (s.IX)

Coma inventor deseñou unha clepsidra chamada Al-Maqata-Maqata, desenvolveu unha técnica de taia do cristal de rocha, e foi o primeiro habitante de Al-Andalus en empregar as táboas astronómicas Sinhind.

Estatua adicada a Ibn Firnas en Bagdad.

Estatua adicada a Ibn Firnas en Bagdad.

En 852 os cordobeses asistiron a un extrano espectáculo: un home chamado Armen Firman chimpou dunha torre empregando unha lona coma paracaídas. Algúns autores din que ese nome corresponde á latinización de Abbas Ibn Firnas; namentres que outros afirman que era unha persoa diferente e que Ibn Firnas asistiu ó experimento, tomando a idea que o levaría a construir a súa futura máquina voadora (algúns autores incluso indican que Firman morreu coma causa do impacto co chan).

Alminar da Mesquita Maior de Córdoba.

Alminar da Mesquita Maior de Córdoba.

Uns anos despois, en 875, e tras estudar o voo das aves e sopesar diferentes materiais, Ibn Firnas, xa con 65 anos, construiu unhas ás de madeira recubertas de seda que adornou con plumas de rapaces. Acerca do punto de despegue os autores voltan discrepar: uns din que chimpou dende o Alminar da Mesquita Maior, e outros din que o fixo dende a Ruzafa (o barrio alto de Córdoba). Disque permaneceu no ar unha decena de segundos pra despois impactar nun val rompendo as dúas pernas e lesionándose as costas. Firnas chegou á conclusión de que o seu aparato precisaba unha cola pra axudarse na aterraxe, tal e coma fan os paxaros.

Grabado recreativo do voo de Ibn Firnas.

Grabado recreativo do voo de Ibn Firnas.

Ibn Firnas morreu 12 anos despois, poida que por complicacións derivadas da lesión nas costas causa polo golpe. Hoxe é unha persoa histórica chave do mundo musulmán, levando o seu nome un dos aeroportos de Bagdad.

Recreación do aparato voador de Ibn Firnas nun museo de Dubaï.

Recreación do aparato voador de Ibn Firnas nun museo de Dubaï.

Eilmer de Malmesbury

Foi un monxe benedictino que viviu na Inglaterra do século XI, e crese que naceu en torno a 980-985. Foi monxe na Abadía de Malmesbury, onde aprendeu matemáticas e astroloxía. Disque na súa xuventude escoitou o mito de Dédalo e Ícaro, e que se obsesionou con voar.

A abadía de Malmesbury na actualidade (o aspecto corresponde ás reformas feitas no s. XIV).

A abadía de Malmesbury na actualidade (o aspecto corresponde ás reformas feitas no s. XIV).

Así foi coma, o xoven monxe construiu un planeador e chimpou da torre da abadía (crese que entre 1002 e 1010), permanecendo no ar tempo abondo coma pra percorrer entre 180 e 200 metros, denantes aterrar nunha leira.

Vidrieira conmemorativa do voo de Eilmer na abadía de Malmesbury.

Vidrieira conmemorativa do voo de Eilmer na abadía de Malmesbury.

Despois deste voo Eilmer redeseñou o seu planeador coa intención de dotalo dunha cola que lle dera estabilidade, pero o abade del Malmesbury convenceuno pra non realizar máis tentos, co gaio de que non arriscase a vida.

Recreación do voo de Eilmer de Malmesbury.

Recreación do voo de Eilmer de Malmesbury.

Diego Marín Aguilera

Naceu en 1757 en Coruña del Conde (Burgos), sendo o maior de sete irmáns e quedando a cárrego da familia cando quedou orfo de pai.

Grabado amosando o aspecto de Coruña del Conde na época de Diego Marín (Museo del Aire de Madrid).

Grabado amosando o aspecto de Coruña del Conde na época de Diego Marín (Museo del Aire de Madrid).

Pese a que o seu principal oficio era o de pastor, Diego amosou moita inquedanza por outras disciplinas, demostrando ter unha grande inventiva: modificou o mecanismo do muíño de auga do pobo pra melloralo, construiu un aparato que permitía aserrar mármores, deseñou un dispositivo pra fustigar as bestas na eira e fabricou unha máquina que elaboraba panos.

Observando as aves rapaces durante as xornadas de pastoreo tomou a idea de fabricar unha máquina capaz de voar. Inventou uns cepos pra capturar ditas aves e así poder estudalas e, unha vez rematada a aprendizaxe construiu o seu aparato coa axuda do ferreiro local, Joaquín Barbero.

Águia imperial ibérica, unha das especies que inspirou a Diego Marín.

Águia imperial ibérica, unha das especies que inspirou a Diego Marín.

O aparato en cuestión imitaba a anatomía das aguias, estando construido con madeira, ferro, cachos de tea e plumas de rapaces. Posuía un xogo de manivelas que permitían mover as ás, planear e dirixir o aparato.

O 15 de maio de 1793 subiu ó alto do castelo coa axuda do ferreiro e máis da súa irmá e, denantes despegar díxolles “voy a Burgo de Osma, de allí a Soria y volveré pasados unos días”. Tralo chimpo acadou de 4 a 5 metros de altura sobre o punto de despegue e voou uns 360 metros denantes esnafrarse por causa da rotura dun perno.

Castelo de Coruña del Conde.

Castelo de Coruña del Conde.

Á mañá seguinte os seus veciños, posíbelmente por medo, prenderon lume ó aparato.

Diego Marín morreu o 11 de outubro de 1800, sen deixar ningunha documentación sobre o seu invento, e deixando os seus bens pra cubrir as misas e demáis actos da parroquia.

Monumento a Diego Marín en Coruña del Conde.

Monumento a Diego Marín en Coruña del Conde.

Webgrafía

Sabías que… (a Terra)

…ademáis da traslación e a rotación, a Terra posúe outros tres movementos máis: precesión dos equinoccios, nutación e Abaneo de Chandler.

…o polo norte magnético da Terra é realmente un polo sur magnético.

…a Terra é o meirande planeta rocoso do Sistema Solar.

…a Terra ten 4.570 millóns de anos de antigüidade.

…os polos magnéticos da Terra invírtense cada certo tempo.

…a Lúa afástase da Terra a razón de 3,8 cm/ano.

…a rotación da Terra vaise ralentizando, facendo cos días duren máis.

Webgrafía

A Revolución Francesa en 10 Pasos

    • 20 de xuño de 1789: os membros do Terceiro Estado, xunta coa maioría de membros do clero e algúns da nobreza realizan o Xuramento do Xogo de Pelota, esixindo unha nova Constitución prá Francia. Ó longo dese mesmo mes vanse movendo tropas reais cara París e Versalles.

      Xuramento do Xogo de Pelota.

      Xuramento do Xogo de Pelota.

    • 14 de xullo de 1789: o pobo parisino asalta a prisión da Bastilla, símbolo do poder real na capital francesa.

Asalto á prisión da Bastilla.

Asalto á prisión da Bastilla.

Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán.

Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán.

    • 20 de xuño de 1791: o rei Luís XVI tenta fuxir de parís coa súa familia, pero é detido en Varennes ó día seguinte e posto baixo custodia.

Luis XVI, rei de Francia e Navarra.

Luís XVI, rei de Francia e Navarra.

    • 29 de setembro de 1791: apróbase a Constitución que fai de Francia unha monarquía parlamentaria.

Retorno de Luis XVI a Paris trala súa captura en Varennes.

Retorno de Luís XVI a París trala súa captura en Varennes.

    • 10 de agosto de 1792: o pobo, descontento coa actuación do rei con respecto ó goberno parlamentario, asalta o Palacio das Tullerías, suspendéndose a monarquía.

O pobo parisino asalto o Palacio das Tullerias.

O pobo parisino asalta o Palacio das Tullerías.

    • 20 de setembro de 1792: o exército prusiano é derrotado polo exército popular francés, pasando o poder executivo ó recén creado Directorio o cal, da man dos xacobinos, desatará o Reinado do Terror (1793-1794) dirixido por Maximilien Robespierre, quen é executado o 28 de xullo de 1794 (Reacción Thermidoriana).

Maximilien Robespierre, lider dos xacobinos.

Maximilien Robespierre, líder dos xacobinos.

Lema da Primeira República Francesa.

Lema da Primeira República Francesa.

    • 17 de xaneiro de 1793: a Convención condea a morte ó rei, coma resposta ás ameazas de invasión por parte das potencias europeas, as cales esixían a restauración da monarquía. A execución prodúcese o 21 de xaneiro dese mesmo ano.

Execución de Luis XVI na Praza da Concordia.

Execución de Luis XVI na Praza da Concordia.

Napoleón Bonaparte, Primeiro Cónsul Vitalicio da República Francesa.

Napoleón Bonaparte, Primeiro Cónsul Vitalicio da República Francesa.

Webgrafía

Bibliografía

  • Atlas Histórico – Editorial Planeta
  • Atlas Histórico Universal – EL PAIS / Aguilar
  • El Siglo XIXRafael Sánchez, Alfonso Lazo – Arlanza Ediciones

A Educación na antiga Roma

Adóitase pensar que o feito de que unha pequena aldea de pastores á beira do Tíber chegase á domeñar a metade do mundo coñecido foi únicamente a forza das águias romanas, nembargantes é de salientar que o Romano, coma todos os grandes imperios que perviviron longo tempo na Historia, asentou a súa forza nunha ríxida burocracia e nunhas estruturas de goberno que deron ó estado a estabilidade precisa pra soster un monstro de tales dimensións.

Tanto a mencionada burocracia, coma o dereito e política romanos, así coma as liñas comerciais foron posíbeis mercede a unha Educación que acadou unha estensión (en canto a poboación se refire) prácticamente non observada até ese intre. Unha Educación que pode semellar primitiva ou insuficiente dende o punto de vista contemporáneo, pero que posibilitou que a poboación romana acadase unhas taxas de alfabetización que non se recuperaron en Europa até o século XX, coa difusión da escola pública.

A Roma Primitiva
Nun primeiro período (até o século II a.C.), a Educación dos fillos romanos corría a cárrego dos seus pais, sendo esta unha Educación de tipo máis tradicional e baseada principalmente na observación estricta das leis e costumes dos antergos, o que os romanos chamaban mos maiorum.

Até os sete anos no caso dos nenos, e os catorce no caso das nenas, a nai encarregábase de lles aprender, ademáis dos usos e ritos cotiáns, a lectura, escritura e as contas sinxelas (sempre que a propia nai soubese), converténdose así nunha figura central na vida familiar romana, só desprazada pola potencia da entidade do pater familias.

Despois dos sete anos o pai tomaba as rendas da Educación dos nenos, continuando coas leccións de leitura e escritura e engadíndolles a emprega das armas e o traballo da terra, ó tempo que se mantiñan as ensinanzas do mos maiorum.

Xa por último, a partires dos dezaseis ou dezasete anos, os mozos ingresaban no exército, aprendendo disciplina, estratexia militar, e formándose coma futuros cidadáns.

A helenización educativa
Entre os séculos II e III a.C. Roma conquista a Magna Grecia, entrando en contacto direito coa cultura grega, o que influiría en maior ou menor medida en todos os aspectos da vida romana. Entre os escravos gregos chegan mestres, políticos, filósofos e rétores, producíndose unha revolución pedagóxica que leva a Educación dende as casas, centro orixinal do ensino, a unha serie de locales exteriores.

Esta revolución educativa afectou a todos os niveis, introducíndose novas materias coma retórica, gramática, filosofía, etc. e aparecendo tamén a diferenzación por etapas educativas que chegou até os nosos días.

O ensino primario
Despois de ter recibido unha educación básica da man dos seus pais, e dende os 7 ós 11 anos, un mestre nomeado Ludi magister, primus magister ou Litterator deprendíalles ós nenos e nenas a ler, escribir, facer contas sinxelas, así coma a Lei das Doce Táboas. Este período do ensino tiña habitualmente lugar en tablini (estancias sitas nos adros das casas), pergulae (terrados e pórticos) ou tabernae (tendas); recibindo o centro o nome de ludus litterarius.

</i></b> estancia situada no adro das casas, reservada orixinalmente coma cuarto de traballo do <i>pater familias</i>, e posteriormente adicada a outros usos.

Tablinum: estancia situada no adro das casas, reservada orixinalmente coma cuarto de traballo do pater familias, e posteriormente adicada a outros usos.

anexos ás vivendas empregados habitualmente coma almacéns, aulas ou aloxamentos.

Pergulae: anexos ás vivendas empregados habitualmente coma almacéns, aulas ou aloxamentos.

</i></b> tendas tipicas romanas, situadas nos baixos das <i>insulae</i>.

Tabernae: tendas típicas romanas, situadas nos baixos das insulae.

A aprendizaxe dos alumnos neste período era eminentemente memorística, e coma medida de reforzo aplicábase o castigo corporal mediante o uso da férula. É de salientar que esta etapa educativa formou parte da instrucción pública gratuita a partires do imperado de Vespasiano, quen soubo apreciar a necesidade dunha maior alfabetizazón do pobo pra mellorar a situación económica do Estado.

Paedagogus acompañando un neno á escola.

Paedagogus acompañando un neno á escola.

Un escravo de confianza denominado Paedagogus (habitualmente grego) acompañaba ós nenos á escola e recollíaos ó rematar a xornada, que tiña unha duración de 6 horas con descanso a mediodía, existindo un día festivo cada nove días (nundiane). O curso académico comezaba no mes de marzal e ademáis de outras festividades (saturnais, Ludi Romani) había vacacións no verán dende finais de xullo ó 15 de outubro.

O ensino secundario
Dos 12 ós 16 anos os nenos e nenas das familias patricias formábanse en historia, mitoloxía, xeografía e poesía grega e romana perseguindo con estes contidos, ademáis do coñecemento das bases da propia cultura, o perfecto dominio das linguas.

<b><i>Grammaticus</i></b> ensinando ós seus alumnos dende a <i>cathedra</i>.

Grammaticus ensinando ós seus alumnos dende a cathedra.

Os centros físicos adoitaban ser tabernae sitas xeralmente nos foros das cidades, onde o grammaticus impartía as ensinanzas, que se baseaban de xeito habitual na realización de comentarios de texto, incluindo análises gramáticas e métricas das pezas de estudo; e que se desenvolvía en catro fases:

  • Lectio: leitura e recitación de memoria.
  • Enarratio: incluindo a explicación e interpretación das verbas, aplicando os coñecementos de xeografía, historia, mitoloxía,…
  • Emendatio: corrección do texto
  • Iudicium: valoración do autor e clasificación coma escritor entre os máis importantes de Grecia e Roma.

O ensino superior
Aqueles varóns que aspirasen ó cursus honorum (isto é, a facer carreira política) aprendían dende os 17 ós 20 anos as artes da retórica e da oratoria da man dun rethor, xeralmente de orixe grega. Inicialmente esta aprendizaxe realizábase nos pórticos dos foros, pero máis adiante, xa en época imperial, o Estado facilitaría aulas específicas.

<i>Rethor</i> ensinando ós seus alumnos.

Rethor ensinando ós seus alumnos.

Despois dunha introducción nos principios das dúas disciplinas mencionadas anteriormente, os alumnos realizaban dous tipos de exercicios:

  • Suasoriae: monólogos postos en boca dunha personaxe histórica, nos cales contrapoñen as vantaxes e desvantaxes na toma dunha decisión determinada.
  • Controversiae: debates entre dous alumnos, nos cales se contrapuñan temas de carácter xeralmente xudicial.

Os máis podentes e afortunados completaban a súa formación coa estadía nalgunha das afamadas academias das cidades gregas.

Os materiais

<i>papirus</i> (papiro), <i>calamus</i> (pluma), <i>tábula encerata</i> (tabela encerada), <i>atramentum</i> (tinta) e <i>capsa</i> (estoxo pra gardalo todo).

Materiais típicos dun alumno romano: papirus (papiro), calamus (pluma), tábula encerata (tabela encerada), atramentum (tinta) e capsa (estoxo pra gardalo todo).

Polo xeral, as aulas tiñan bancos ou cadeiras sen respaldo, enfrontadas ó asento do mestre, denominado cathedra ou sella. Orixinalmente os alumnos escribían nas tabula cerata (tabelas enceradas) coa axuda do stilus (punzón) e posteriormente, coa aparición do papiro empregábanse o calamus (pluma) e a atramentum (tinta) as cales gardábanse nun estoxo nomeado capsa (isto fomentou a aparición dunha nova ocupación prós escravos, o capsarius, encarregado de levar o estoxo). As contas realizábanse, coma na meirande parte do mundo antigo, coa axuda de ábacos.

Reconstrucción dunha <i>tabula cerata</i> a semellanza das empregadas polos alumnos nas escolas da antiga Roma.

Reconstrucción dunha tabula cerata a semellanza das empregadas polos alumnos nas escolas da antiga Roma.

Reproducción dunha <b>capsa</b>, o estoxo no cal gardábanse os papiros, o <i>calamus</i> (pluma) e a <i>atramentum</i> (tinta).

Reproducción dunha capsa, o estoxo no cal gardábanse os papiros, o calamus (pluma) e a atramentum (tinta).

A desaparición
Xa antes da caída do Imperio a educación romana clásica entrara en declive. A introdución das culturas bárbaras e de relixións foráneas (culto isíaco, cristianismo, mitraísmo, etc.) minaron paseniño as bases educativas romanas as cales remataron, coa imposición do culto cristián, reorientándose a unha formación eminentemente relixiosa.

Webgrafía

Bibliografía

  • Así Vivían los RomanosEspinós, J. P. Masiá, D. Sánchez, M. Vilar – Editorial Anaya

Deprender?

Segundo nos indica o Dicionario de Galego da Editorial Ir Indo, deprender pode significar:

  1. Adquirir coñecementos sobre algo a través do estudo ou da experienza.
  2. Transmitir coñecementos a través de distintos métodos didácticos.

Sendo sinónimo por tanto dos verbos ensinar e aprender a un mesmo tempo.

Deste xeito toma este blog o nome de Deprender: porque o seu obxectivo é compartir coñecementos e, ó mesmo tempo, aprender do que os demáis queiran aportar.

Deprender proponse ser un punto de encontro pra tod@s os que queiran saber un chisco máis de todo; un blog onde os profes sexan, a un tempo, alumnos.

Un saúdo a tod@s, e esperemos que esta aventura teña unha vida longa.