-
20 de xuño de 1789: os membros do Terceiro Estado, xunta coa maioría de membros do clero e algúns da nobreza realizan o Xuramento do Xogo de Pelota, esixindo unha nova Constitución prá Francia. Ó longo dese mesmo mes vanse movendo tropas reais cara París e Versalles.
-
14 de xullo de 1789: o pobo parisino asalta a prisión da Bastilla, símbolo do poder real na capital francesa.
-
4 de agosto de 1789: o Terceiro Estado, autoconstituído en Asemblea Nacional Constituínte, abole o feudalismo no que deu en chamarse Noite da Loucura. A finais dese mesmo mes promúlgase a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán.
-
20 de xuño de 1791: o rei Luís XVI tenta fuxir de parís coa súa familia, pero é detido en Varennes ó día seguinte e posto baixo custodia.
-
29 de setembro de 1791: apróbase a Constitución que fai de Francia unha monarquía parlamentaria.
-
10 de agosto de 1792: o pobo, descontento coa actuación do rei con respecto ó goberno parlamentario, asalta o Palacio das Tullerías, suspendéndose a monarquía.
-
22 de setembro de 1792: proclámase a República (esta data será posteriormente considerada coma inicio do ano 1 do Calendario Republicano Francés), disólvese a Asemblea, recaendo o poder lexislativo na Convención, e o poder executivo no Comité de Salvación Nacional.
-
17 de xaneiro de 1793: a Convención condea a morte ó rei, coma resposta ás ameazas de invasión por parte das potencias europeas, as cales esixían a restauración da monarquía. A execución prodúcese o 21 de xaneiro dese mesmo ano.
-
20 de setembro de 1792: o exército prusiano é derrotado polo exército popular francés, pasando o poder executivo ó recén creado Directorio o cal, da man dos xacobinos, desatará o Reinado do Terror (1793-1794) dirixido por Maximilien Robespierre, quen é executado o 28 de xullo de 1794 (Reacción Thermidoriana).
-
9 de novembro de 1799: prodúcese o Golpe do 18 de Brumario, convertíndose Napoleón Bonaparte en Cónsul Vitalicio, o que constitúe o fin do Primeiro Período Revolucionario Francés.
Webgrafía
Bibliografía
- Atlas Histórico – Editorial Planeta
- Atlas Histórico Universal – EL PAIS / Aguilar
- El Siglo XIX – Rafael Sánchez, Alfonso Lazo – Arlanza Ediciones









